RGE Xente Espazos e Lugares

Titulo: Revista Galega de Educación nº 4; Xente, espazos e lugares
Autor: Rosales Noves, Xosé Manuel; coord. / AA.VV.
Ano Edición: 2009
Idioma: Galego
Nº paxinas: 176
Medidas: 210 x 300 mm
Dep. Legal: C-22/1986
ISSN: 11332-8912

SKU: OE000010 Categoría:

Descripción

Este número monográfico da Revista Galega de Educación recolle a presentación dos recursos educativos do ProxectoTERRA así como diversas colaboracións desde distintos ámbitos do coñecemento: arquitectura, xeografía, plástica, antropoloxía … A nosa intención é que este conxunto de múltiples visións que de Galicia podemos dar entre todos, contribúa a facer máis grande e completa a imaxe que dela podemos ter. As calidades dos espazos e lugares que habitamos son o resultado da nosa interacción co medio ao longo do tempo, e neles teñen unha presenza fundamental as pegadas do pasado, pero tamén as do presente, e esas son responsabilidade nosa. Cada un de nós, no seu lugar e co seu facer, fai país.
Acompaña ao monográfico o material audiovisual que o ProxectoTERRA ten elaborado sobre arquitectura popular, arquitectura contemporánea e identidade territorial. Estes materiais foron elaborados en colaboración con TVE en Galicia no ano 2004.