Descripción
Esta publicación esta asociada á exposición Arquitectura no Camiño 1994-2004. O proxecto desta exposición e o seu catalogo nacen coa firme Intención de dar a importancia necesaria a todos os traballos realizados, independentemente do seu orzamento e da brillantez do seu deseño. Nestes anos tiveron cabida neste programa persoas con cualidades diferenzadas, das cales cremos ter aproveitado o mellor, con tempo, dialogo e, sobre todo, moito entusiasmo.
O catálogo amosarnos a parte técnica, sen pretender ser académico, tan só unha exposición ordenada, unha colección de obras que se distribúe en fichas, en cifras, en fotos, en planos en nun inventario de todas aquelas obras e traballos que acometemos na última década. Tamén vos amosamos un adianto das obras que xa se comezaron neste ano e outras que están en proxecto; non as iniciamos tarde, senón que pretenden ser a continuidade cara ó próximo Ano Santo 2010.




