Descripción
Reúnense nesta publicación libro as experiencias dos invitados ao I Congreso de Territorio e Urbanismo. Unha aprendizaxe soportada, neste caso, nas reflexións contrastadas noutros territorios similares. A formulación do congreso, aproximándose á realidade galega, permítenos ser capaces de situarnos realmente nas circunstancias do espazo litoral, mirado agora de fóra a dentro.
Todos os invitados ao foro mantiveron unha constante implicación coa realidade e os problemas sociais, así como un explícito desexo de transformar as actuais inercias no menor prazo posible.




