Os elementos do debuxo

Titulo: Os elementos do debuxo
Autor: Ruskin, John
Ano Edición: 2009
Idioma: Galego
Nº paxinas: 396
Medidas: 130 x 190 mm
ISBN 13: 978-84-96712-27-0

SKU: L0000079 Categoría:

Descripción

A edición desta obra de John Ruskin faise mantendo o deseño orixinal da edición empregada, o seu formato, a súa tipografia, a súa marxinación e paxinación. Case poderiamos dicir, obviando a tradución do texto e as notas engadidas ao final, que temos diante unha edición facsimile. O papel de John Ruskin na historia do deseño aconsellou esta opción como a máis acaida, recoñecendo con xusteza á súa importancia. A pesar do enorme éxito que tivo a edición orixinal en inglés (9 edicións entre 1859 e 1904) a súa transcendencia fóra das Illas Británicas foi ben cativa, o que non deixa de resultar sorprendente dada a valía do método e a perennidade das súas explicacións.

Ruskin foi, como poderá comprobar o lector, un home vehemente e, ás veces, algo esgrevio nas súas manifestacións e opinións sobre a arte e os seus protagonistas. O ton didáctico empregados quizais favoreza a visión algo simplista e maniquea dos artistas que cita neste libro, o que non debera impedir a nosa valoración da perspicacia que emprega cando analiza e explica unha obra calquera ou a nosa admiración polo método proposto para aprender a debuxar, perfectamente válido hoxe e que xustifica esta tradución tan serodia á nosa lingua.