Descripción
Esta publicación que chamamos Espazos de cultura é un acto de memoria necesaria, un libro-crónica, onde lembrar o feíto, un rescatar acontecementos do esquecemento e, con isto, afirmar unha pasada existencia que poida contribuír a explicar, entre outras cousas, o papel que no presente se lle recoñece á nosa institución e, de paso, cargar as nosas pilas encontrando ánimos para o futuro. axudando a comprender algo do que este Colexio de Arquitectos é e significa.
Esta publicación non é só crónica arquitectónica, é sobre todo, un testemuño dalgunhas das diferentes pulsacións que deron vida a nosa sociedade. Desde as estritamente técnicas ás de maior calado intelectual, recollendo aqueles temas que desde lonxe nos foron chegando e que atoparon aquí a súa correspondente tradución crítica, é dicir, tensada cara ao maior coñecemento que supón non só ler senón traducir, adaptando críticamente aquilo que desde fóra nos chegaba. Espertando, ao mesmo tempo, o afán de dar a coñecer o propio, e desde logo, construíndo o entramado cultural do noso traballo como arquitectos.




