A Praza de Maria Pita 1859-1959

Titulo: A Praza de María Pita. A Coruña 1859-1959
Autor: Martínez Suarez, Xosé Lois
Ano Edición: 1993
Idioma: Galego
Nº paxinas: 256
Medidas: 255 x 225 mm
ISBN 13: 978-84-85665-23-5
ISBN 10: 84-85665-23-6

SKU: L0000036 Categoría:

Descripción

A presente publicación forma parte dun estudo máis amplo que baixo o título “A Coruña: a construción da cidade liberal” serviu de Tese de Doutoramento na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Neste traballo, Xosé Lois Martínez Suárez, pretende estudiar os inicios do proceso de construción da cidade a partir da toma do poder pola burguesía liberal e detectar cales foron os instrumentos de carácter urbanístico utilizados que nos permitan recoñecer o especifico desa parte fundamental da nosa historia urbana.

O Colexio de Arquitectos de Galicia, presenta ao lector un texto no que se supera a visión do «catálogo de edificios» ca que o propio autor iniciou hai uns anos o seu traballo de investigación sobre a cidade da Coruña. Neste caso, trátase de estudar, de analizar, unha parte da cidade. As razóns históricas, as consideracións especificamente urbanísticas, dan paso á identificación dun elemento da estrutura urbana que configura unha parte esencial do patrimonio cultural galego: a Praza de María Pita preséntase como un dos poucos exemplos no noso país de espazo formalizado que, a pesares das profundas modificacións ás que foi sometido, remítenos a unha época na que o proceso de construción da cidade a partir de pequenos proxectos urbanos deixou exemplos excepcionais na historia do urbanismo. A Praza de María Pita é un deles: o texto de Xosé Lois Martínez Suárez pon en evidencia a aportación do proxecto urbano da praza á historia do urbanismo en Galicia.