Descripción
Esta publicación pretende dar a coñecer o espazo urbano de Vigo. O litoral, a rexión urbana e os barrios son a primeira parte deste folleto. Complétase coa evolución da poboación e do parque de vivendas e a evolución do plano urbano. Apóiase para a comprensión destas evolucións en gráficos, planos e fotografías aéreas.
Hai diferentes xeitos de achegarnos ata o coñecemento do espacio urbano de Vigo. Imos escolmar dous que entendemos exemplificadores da análise xeográfica da cidade e da súa área de influencia. O primeiro fai referencia á visión de Vigo dende un avión, tal coma se un forastero chegase ata a nosa cidade. O segundo parte da percepción peatonal das nosas rúas e prazas nun día calquera.




