Bordes de mar en Galicia

Titulo: Bordes de mar en Galicia
Autor: González Alfaya, Luciano / Muñiz Núñez, Patricia; edit / AA.VV.
Ano Edición: 2006
Idioma: Galego / Castelán
Nº paxinas: 191
Medidas: 150 x 150 mm
ISBN 13: 978-84-96712-01-0

SKU: C000021 Categoría:

Descripción

72 CLICS. Nesta sociedade audiovisual, hoxe máis que nunca, unha imaxe vale máis que mil palabras. A atenta mirada da cámara fotográfica, manexada por mans expertas, tras un traballo previo dun entusiasta equipo que percorreu todo o noso litoral para seleccionar «lugares», algúns máxicos, outros emblemáticos, tamén caóticos, mesmo descoñecidos, case sempre iguais e distintos, aínda naturais ou antropomorfizados, reflicte en 72 «clics» o momento, a realidade dese espazo litoral. que hoxe nos preocupa, pero tamén nos arrepía polo seu singular beleza.
A cámara fotográfica plasma esa realidade e devólvenos unha mirada. Unha pegada para a nosa memoria, máis alá, mesmo, do que os nosos ollos ven ou queren ver, como xuíz implacable desta realidade e momento.
Este documento gráfico que exponse paralelamente á celebración do I Congreso internacional do Territorio e Urbanismo, organizado conxuntamente polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial. Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, baixo o lema do espazo litoral: métodos e argumentos para o seu desenvolvemento e protección.