Manuel Gomez Roman

Titulo: Manuel Gomez Roman
Autor: AA.VV.
Ano Edición: 2006
Idioma: Galego / Castelán
Nº paxinas: 172
Medidas: 200 x 240 mm
ISBN 13: 978-84-8457-261-9
ISBN 10: 84-8457-261-7

SKU: C000018 Categoría:

Descripción

Vigo pode presumir de contar no seu territorio con algún dos edificios máis interesantes da arquitectura galega do século XX. Ao longo da primeiro metade deste século proxéctanse na nosa cidade obras de gran valor.
O arquitecto Manuel Gómez Román titúlase no ano 1917 e asume desde o comezo da súa actividade profesional un evidente compromiso co clasicismo e a arquitectura tradicional que trata de adoptar as novas necesidades sociais. Coincide o seu labor creativo coa época da xestión e desenvolvemento da Exposición Iberoamericana de Sevilla e a Internacional de Barcelona de 1929, mostras desa arquitectura historicista que se quería recuperar, coincidindo cunha etapa de forte desenvolvemento económico durante a ditadura do marqués de Estella, que chega a coñecer a obra de Gómez Román, cando asiste á colocación da primeira pedro do monumento aos mariñeiros de Monteferro, e entrevístanse en varias ocasións con motivo do proxecto de realizar en Vigo unha Exposición Internacional de Pesca da que o seu contido arquitectónico é dun clasicismo historicista como xa o foran as de Sevilla e, algo menos, a de Barcelona.
Ao mesmo tempo que Gómez Román proxectaba o pavillón galego de conservas con evidentes influencias dos pazos galegos do século XVIII, Mies van der Rohe presentaba en Barcelona o pavillón de Alemaña, unha das obras máis paradigmáticas do código racionalista e que revolucionaría a arquitectura.