EuroEume-Unha proposta de actuación no patrimonio

Titulo: EuroEume-Unha proposta de actuación no patrimonio
Autor: López Leira, José Manuel; coord.
Ano Edición: 2002
Idioma: Galego
Nº paxinas: 94
Medidas: 230 x 230 mm
Dep. Legal: C-762-2002

SKU: C000012 Categoría:

Descripción

Este libro, que recolle unha mostra dos traballos realizados pola Asociación EuroEume entre os anos 1997 e 2001, debe de ser unha documentación indispensable para quen desexe coñecer as novidades construidas na zona e un bo acompañamento dos viaxeiros que percorren o territorio co estímulo das arquitecturas engadido ó da paisaxe, a gastronomía, as festas, a artesanía. Para os arquitectos en xeral, é unha satisfacción colaborar de todas as maneiras posibles nesta empresa.
O conxunto de edificios e obras que se presentan neste libro anima a pensar que o territorio de Galicia pode recuperar algo do seu sentido a través da arquitectura. Nesta publicación, preséntasenos un panorama de construcións variadas nas que predominan os materiais nobres, as prácticas construtivas autóctonas e nalgúns casos magníficas arquitecturas innovadoras, que entenden esta necesidade de que as formas ofrezan sentido á vida das xentes, enriquecendo, aínda máis, a exuberante natureza das marxes do Eume.