Unha viaxe por… 1929-2009

Titulo: Unha viaxe por… 1929-2009. Deriva I
Autor: Gallego Picard, Pablo
Ano Edición: 2009
Idioma: Galego / Castelán
Nº paxinas: 148
Medidas: 95 x 170 mm
Dep. Legal: C-272-2009

SKU: C000027 Categoría:

Descripción

As imaxes de Galicia que o autor superpon no seu traballo, teñen a capacidade tanto de comparar, como de suxerir. A primeira condición resulta evidente pola potencia das propias imaxes, que nos permiten, a través do artificio de «comprimir o tempo», ser conscientes da cada vez máis desmesurada capacidade do home para transformar o territorio.
Facéndonos recordar simples expresións común apropiadas para este caso «unha paisaxe de cine», nas que se recoñece explícitamente a este medio, a capacidade non só de representar a realidade, senón de mellorala, a través da súa propia linguaxe, encadres, luminosidade, discontinuidade temporal das imaxes, etc … Atopámonos así inmersos en diferentes «cartografías», segundo os diferentes medios técnicos de representación do territorio. Desde esta perspectiva, parece oportuno volver atrás sobre estas cartografías múltiples, e entendelas nas súas diferenzas, é por iso que esta exposición e as súas suxestións predispoñen unha continuidade nesta análise. De forma que nos gustaría que a exposición que presentamos fose o primeiro paso sobre novas miradas ao territorio.