Descripción
Co presente Catálogo referido á cidade da Coruña, trátase de amosar unha documentación na que coidamos están representadas as arquitecturas de interese nuns anos 1890-1940 nos que a Arquitectura de autor contribuíu decisivamente á conformaclón da paisaxe urbana. Denantes destes anos, e salvo edificios institucionais ou públicos, a construción de inmobles de vivendas respondía a un carácter anónimo e popular, na que os tipos de arquitectura con galerías en fachada eran asumidas maioritariamente.
A aproxlmación ao tema fíxose dende un punto de vista o máis obxectlvo posible.
ofrecendo a documentaci6n en fichas ordenadas cronolóxlcamente, procurando que estean representadas tódalas arquitecturas de interese, sendo cuestionable en todo caso si o son todas as que están. Procuramos Introducir as obras que ben espacialmante ou a nivel de lingüaxe formal e compositivo, aportaron algunha novidade ou singularidade na práctica constructiva da época.




