Descripción
Atractivas e vertixinosas imaxes. Desolacións puntuais na escena urbana. Ó par, no percorrido lento e concreto e, ás veces obsesivo, descubrimos a creatividade do autor e unha forma de ver a Arquitectura e un concepto para interpretar a cidade no tempo. A fotografía intenta informar de algo que sobresae. Ás veces queda resaltado algo que apenas destacaba no indicador da máquina. E un se atopa nestas imaxes, puras e realmente duras, a sorpresa do pasado contrastando coa visión do presente. Memoria histórica ó fin.
Parabéns a todos os premiados e á Comisión de Cultura da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos en A Coruña pala iniciativa deste concurso, do que o resultado se plasma neste fermoso libro.




