Pegadas do Eume

Titulo: Pegadas do Eume
Autor: Caramés, Vari
Ano Edición: 2001
Idioma: Galego
Nº paxinas: 148
Medidas: 220 x 220 mm
Dep Legal: C-1813-2001

SKU: C000008 Categoría:

Descripción

No Centro de Desenvolvemento Rural Euroeume xorde a idea de promocionar a edición dunha publicación que recolla o traballo de plasmación fotográfica ó longo dun ano de espacios, xentes e tradicións da zona.
Fuxindo da imaxe de conxunto, Vari Caramés ofrécenos un fluir de persoas, arquitectura e natureza, conformando un todo masivo e en continuo movemento. O «obxectivo» da súa cámara, facendo honor ó seu nome, faise eco, sen demasiadas inxerencias, ser visións distorsionadoras, dun universo entendido como a suma de pequenos fragmentos de vexetación, de xen tes e animais, de auga, de camiños percorridos, todos eles imprescindibles á hora de deseñar un conxunto harmonioso como este. Así o home é visto coma cabalo e o cabalo coma home, en perfecto equilibrio.
Vari Caramés ofrécenos a similitude entre formas que semellan formas e que se reflicten a si mesmas, e como se dun xogo de interaccións se tratase, ese xesto único, ese movemento ás veces imperceptible é captado po la súa atenta ollada que amplía a nosa propia, enriquecéndoa.