Descripción
“Nin o local, nin o material son a escola;
E a pesar diso, a min bástame con entrar nun local
para saber se ao pobo lle interesa a instrución dos seus fillos.”
Con esta cita de Luis Bello na súa obra «viaxe polas escolas de España (1926-29)» inicia esta publicación que, escrita en primeira persoa, amosa o proceso desenvolvido polo arquitecto e educador Fermín Blanco e o equipo de Sistema Lupo durante a última década baixo o programa Mestra de Obra. Unha viaxe compartida a través da análise, formación e transformación participada de escolas da rede pública que se inicia en Galicia para posteriormente estender as súas bases metodolóxicas a outras comunidades educativas do Estado.
A estrutura do libro inclúe uns textos introdutorios que amosan unha análise do estado da cuestión a partir da cal se percorrendo unha serie de casos prácticos onde se pretende evidenciar en conxunto os temas e dúbidas habituais que xorden na transformación do espazo educativo. Non son receitas, nin explicacións de cada proxecto senón aproximacións metodolóxicas a requirimentos habituais, estratexias onde se apoia o proxecto pedagóxico e o arquitectónico en unha simbiose que se considera fundamental nestes procesos. Investigación aplicada, formación, participación, co-deseño e moita comunidade.
Textos de amigos, colaboradores, protagonistas e en definitiva especialistas reforzan o discurso cun salpicado de reflexións que supoñen un viaxe compartido por escolas en evolución.




