Descripción del Producto
DA CASA A ESCOLA é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha a outra. Tres ámbitos -o privado, o social e o público- que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construir desde pequenos.