LIBROS COAG

  • INICIO
  • LIBROSCOAG
    • Catálogos
    • Colaboracións
    • Docomomo
    • Libros – Monografías
    • Dorna
    • Lotes
    • Guías
    • Manuais Técnicos
    • O Monografías
    • Obradoiros
    • Outras Editoriais
    • Premios COAG
    • Proxecto Terra
    • Varios
  • COAG
  • INICIO
  • LIBROSCOAG
    • Catálogos
    • Colaboracións
    • Docomomo
    • Libros – Monografías
    • Dorna
    • Lotes
    • Guías
    • Manuais Técnicos
    • O Monografías
    • Obradoiros
    • Outras Editoriais
    • Premios COAG
    • Proxecto Terra
    • Varios
  • COAG
HomeShopColaboraciónsFacultad de Ciencias de la Informacion

Facultad de Ciencias de la Informacion

Aut: Munoz,Luis – Seoane, Carlos
Ano: 2002
Idioma: Castelán, Inglés
Pax: 272
Medidas: 24×24 cm
Edit: Labirinto de Paixóns
ISBN: 978-84-932280-1-9

SKU: C000010 Categoría: Colaboracións
  • Descripción

Descripción del Producto

En 1994 proponse a Siza iniciar os traballos deste proxecto para completar o seu Campus Norte inserindo unha peza mais na nova trama do Burgo de Las Naciones. Se no museo de Bonaval Siza respondía cos seus estimulantes volumes diferenciados ás fraccionadas fachadas de Domingo de Andrade agora chega a un contexto ben diferente: un espazo organizado a partir dunha trama de recente creación na que se entrelazan fisicamente os heteroxéneos edificios -residencias e facultades- que compoñen un campus compacto. Neste medio Siza acerta a encontrar agora un apoio contextual distinto para introducir novas formas do seu inesgotable repertorio. «Se buscamos e confiamos na posibilidade de que se incrementen os coñecementos reais en arquitectura -e iso é un dos fundamentos das actuacións do Colexio de Arquitectos- esta, é unha das tarefas editoriais que con máis entusiasmo acometemos (en colaboración con Labirinto de Paixóns) e sabemos que o eco deste libro entre os profesionais e estudantes da arquitectura será grande. Os responsables da súa preparación son bos coñecedores da obra de Siza e algúns foron os seus colaboradores neste proxecto, a eles agradecemos en primeiro lugar o esforzo de presentarnos de xeito preciso os arduos labores e múltiples saberes que fan que se chegue a un edificio construído dende un proxecto e unhas ideas. Este proceso, os seus fundamentos, os seus pasos, os seus métodos, os oficios, etc., é en definitiva o lugar do coñecemento na arquitectura e esta publicación ofrécenos os materiais para poder achegarnos a el nesta obra en particular, e tamén -de xeito mais xeral- ao xeito de traballar de Álvaro Siza. » «A presenza exhaustiva de planos, detalles construtivos, esbozo e debuxos iniciais, fotos, etc. evidencian inevitablemente facer do arquitecto. A creación dos espazos non é un milagre senón o lento destilar dunha sabedoría que, a través destes documentos, abre os segredos dun proceso de creación ao estudoso da arquitectura. Sabemos que as experiencias, tanto construtivas coma formais, se asimilan con rapidez e incorpóranse á cultura construtiva cotiá. Este é o mellor efecto que pode ter un novo edificio significativo como é este e a súa difusión a mellor tarefa para un libro.

Productos relacionados

A Casa contemporánea en Galicia

Leer más

ARTE INDUSTRIA: ISAAC DÍAZ PARDO

Leer más

A vila do mañá, Rianxo

Leer más

ESCALAS: 55 OBRAS & 55 TEXTOS

Leer más

Habitares: Os lugares dos Cidadáns

Leer más
Producto destacado

Arquitectura en la ciudad de La HABANA. Primera modernidad

Leer más

FEISMO? DESTRUIR UN PAÍS

Leer más

GIMNASIO MARAVILLAS, MADRID, 1960-1962

Leer más

Flor de Santiago

Leer más

CIDADES SUBXACENTES

Leer más

MARIO SOTO. ESPAÑA Y LA ARGENTINA EN LA ARQUITECTURA DEL SIG ...

Leer más

A vila do mañá 2: Ames

Leer más

Buscar

Libros por temática

  • Catálogos (8)
  • Colaboracións (14)
  • Docomomo (8)
  • Dorna (7)
  • Guías (7)
  • Libros - Monografías (40)
  • Lotes (25)
  • Manuais Técnicos (8)
  • O Monografías (7)
  • Obradoiros (35)
  • Outras Editoriais (8)
  • Premios COAG (7)
  • Proxecto Terra (7)
  • Varios (5)
banner

Publicacións por temática

  • Catálogos
  • Colaboracións
  • Docomomo
  • Dorna
  • Guías
  • Libros - Monografías
  • Lotes
  • Manuais Técnicos
  • O Monografías
  • Obradoiros
  • Outras Editoriais
  • Premios COAG
  • Proxecto Terra
  • Varios

Etiquetas del producto

hormigon armado proxecto dorna

Productos Mejor Valorados

  • Plano Obra Andrés Fernández-Albalat Lois na Coruña
  • Obradoiro 33 (castellano)
  • XIV PREMIOS COAG DE ARQUITECTURA
  • Arquitectura popular en Galicia - edición revisada 2019
  • Lote nº 25

Colexio de Arquitectos de Galicia

Telf: (981) 55 24 00

@: libroscoag.tenda@colexiodearquitectos.org

Condiciones Legales

  • Aviso Legal

Formas de pago y envío

Formas de pago y envío