Ludantia

Coordinador: Navarro Martínez, Virginia; Raedó Álvarez, Jorge; Rosales Noves, Xosé M.
Ano: 2018
Pax: 571
Idiomas: Galego, Castelá, Ingles
Tamaño: 21×20 cm
ISBN: 978-84-96712-61-4


SKU: L000091 Categoría:

Descripción

Ludantia. I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a infancia e mocidade” nace para visibilizar e potenciar os proxectos que dalgún modo abordan infancia, arquitectura e educación. Nace para saber que queren os nenos e nenas dos espazos públicos en distintas partes do mundo, para mostrar a capacidade transformadora da infancia, para entender a relación entre educación e participación, para que as cidades sexan mellores escenarios para os nenos, para aprender metodoloxías e procesos. Este evento quere ofrecer unha visión panorámica internacional e demostrar a validez da educación de arquitectura para a infancia en diferentes contextos.

O tema central da I Bienal é “Habitar desde o lúdico: do patio escolar á cidade como taboleiro de xogo”. Isto significa o espazo público como construción das nosas accións libres, sexa cal for a nosa idade, sexa dentro dunha institución educativa, na rúa, praza, zona rural compartida… Xogar como estratexia de adaptación ao medio, do neno que crece e se integra na súa comunidade, das comunidades que investigan, aprenden e se adaptan ao escenario global omnipresente actual. O mundo enteiro é a cidade, ese taboleiro de xogo onde crecer xuntos.

Ludantia celébrase en Pontevedra (Galicia, España) do 10 de maio ao 17 de xuño de 2018 e é posible grazas o financiamento da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Pontevedra, co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia como organizador.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Ludantia”