Descripción del Producto
Nos últimos anos a conservación arquitectónica estendeuse por toda Europa coma unha ferramenta importante de planificación para acadar obxectivos tanto económicos coma culturais. Ó mesmo tempo os desenvolvementos e avances no ámbito da arquitectura vernácula e o criticismo cultural fixeron posible o plantexamento dunha nova serie de preguntas sobre cal é o papel da arquitectura popular nos terreos, político, ideolóxico e cultural. A presente Disertación de Máster intenta proporcionar un marco de traballo básico para, dende un punto de vista conservacionista, afrontar un problema arquitectónico e cultural grave como é o da perda inminente das Casas vernáculas edificadas durante o século XIX nunha zona específica de Galicia: Meira e a súa contorna. Empregando unha metáfora ecolóxica, a situación terminal da Casa vernácula galega por antonomasia debe ser entendida en conxunción cos cambios drásticos sufridos no seu sistema de apoio vital, é dicir, no sistema agrario tradicional.
Reseñas
No hay reseñas todavía.