6+6 A Coruña vista por 6 fotógrafos + 6 pintores

Titulo: 6+6 A Coruña vista por 6 fotografos + 6 pintores
Autor: Vasco Conde, Pedro / AA.VV.
Ano Edición: 2004
Idioma: Galego
Nº paxinas: 32
Medidas: 250 x 210 mm
Dep. Legal: C-992-2004

SKU: CT000024 Categoría:

Descripción

Esta exposición percorrerá o paso do tempo da man da inauguración da nova sede do COAG. Xurde desde a manifestación dun acto festivo por parte dun dos colectivos esenciais na construción da nosa cidade e da cidade dos nosos fillos.
A mellor maneira para levar a cabo este proxecto foi invitar a 6+6 artistas para que expoñan as súas opinións en clave de imaxe. A ducia de artistas pertence ao grupo dos máis representativos da estética coruñesa. Pintura, fotografía, acuarela, serigrafía e banda deseñada, diferentes soportes para crear unhas obras que conforman os novas documentos do presente. Estas imaxes a partir de agora pasarán a ser parte da iconografía do que poderiamos denominar a nosa «cartografía existencial» .
Os artistas enfrontáronse a este proxecto cunha idea subxectiva e abstracta da súa cidade. Isto levounos a crear en clave de pasado, de recordos, de vivencias, de mar, de actualidade, de urbanismo. de xentes, de lugares … en definitiva crearon reflexións estéticas. opinións, espazos de encontros, sentimentos e sensacións.
Todas as obras foron expresamente realizadas para esta exposición, agas as de Tenreiro e Cabanas. que presentan obras realizadas anteriormente.
Entre todos formalizamos unha exposición onde unha ducia de artistas utilizaron a idea do espello como metáfora de reflexión para sentar as bases dos sentimentos e do futuro. Ideas para a construción dunha illa no Atlántico.