Descripción
Este libro recolle o continente e o contido que configura o actual museo de Belas Artes, nunha simbiose especialmente afortunada. Cando a relación entre arquitectura e obra é excesivamente estreita prodúcese un resultado poderosamente atraínte, anque moi ríxido: unha alteración na colección, sequera sexa mínima, rompe a armonía, e iso é un inconveniente para unha estructura chamada a ter características orgánicas, de crecemento, alteración e cambio. De vida, en definitiva. A través das súas páxinas percibirá o lector o punto de equilibrio acadado.
O autor do proxecto, o arquitecto Manolo Gallego, fai unha descrición de todo o proceso seguido na sua elaboración e execución, tanto das consideracións previas e condicionantes do proxecto, o anteproxecto así como como da descrición do edificio, acompañado de planos, esbozos e fotografías.




