MONOGRAFÍAS 3: CASA

Dirección:

Idioma: Galego-Castelá-Inglés

Paxinas: 327

Tamaño: 21×15 cm

ISBN:

SKU: OM000004 Categoría:

Descripción

Xa hai tempo que a Casa deixou de ser algo claramente definido por mor da propia indefinición dos seus límites tanto físicos como de significado. De aí que nesta nova monografía, igual ca nas anteriores -Obxecto, Corpo e Habitación- se presenten lecturas moi variadas do espectro significate Casa. Mais agora internámonos un espazo máis ambiguo en que as relacións resultan máis complexas: máis que de Casa, sería oportuno falar de modo de vida no espazo.

Desde a casa definida por un muro que circunda o aire coma un trazo sobre a terra, ao prototipo no xardín condensador dun estilo de vida podemos decatamos de que en todas elas a variedade de intencións que nos propón os seus creadores e habitantes (distribución uso, visión forma significado .. . ) son un reflexo da concepción da casa como o proceso esencial da vida do home. Con ela ao necesitar un tempo máis amplo,
aparecen o movemento e a acción a construción e a destrución, toda unha serie de marcas e rastros que se distribúen polo interior e polo exterior.

Porén a pesar de o concepto tradicional de Casa como refuxio para o desenvolvemento da vida familiar non estar extinto -nin parecer que o vaia estar totalmente- o certo é que perdeu o seu lugar central. Hoxe en día existen moitos máis modos do doméstico ca hai 50 anos razón pola cal debe convivir con outras maneiras máis heteroxéneas de habitar o espazo.

Mais a Casa continúa a ser o lugar privilexiado da escritura da autobiografía como acto ou recipiente temporal; muda o guión da experiencia, mais permanece a necesidade dun escenario. Finalmente, só nos queda constatar que a arquitectura da Casa debe tender máis cara á posibilidade da conformación de espazos vividos que cara á construción de espazos deseñados. É algo que cada vez parece máis difícil de conseguir pois o que resulta deseñado é o propio suxeito

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “MONOGRAFÍAS 3: CASA”