Descripción del Producto
Quizais a primeira Habitación foi un límite de terra, quizais a sombra da copa dunha árbore ou a simple diferencia dentro dunha paisaxe inhóspita. Ironicamente hoxe en día vémonos reducidos a un espacio cúbico, de implacable perspectiva. Aproximación reductora e simplificadora, contedor de obxectos fabricados en serie, cuxa forma xeada dificilmente pode responder ás necesidades de amplitude e liberdade do corpo. A Habitación ten sido tanto o territorio privilexiado da experimentación en tomo á obra de arte total, como a gaiola opaca onde permanecen os seus ocupantes, ambas, realidades especulares entre as que hai que moverse. Como mínimo arquitectónico, suxeita a valores de expansión e concatenación pode así converterse en ideoloxía,
ben de liberación, ó través da arte ou da tecnoloxía, ou ben de confinamento e represión, ó través da razón especulativa.
Dando continuidade ós temas tratados nos números anteriores, Obxecto e Corpo, con Habitación comezamos a ensancha-lo espacio de investigación. Esta nova serie de preguntas permítenos enfrontar con optimismo unha viaxe ó través dun territorio onde esta pode chegar a ser: desde una copia hiperreal-dixital- dun modelo oficial estandarizado, a un espacio que se infla mediante o uso de enerxías de desperdicio, experiencia real pero politicamente incorrecta. Resulta improbable que ambas as dúas sexan a res posta definitiva á necesidade de habitar, mais si parecen preguntas acertadas.
Reseñas
No hay reseñas todavía.