MONOGRAFÍAS 1: CORPO

Dirección: Creus, Juan – GallegoPicard, Pablo – Quesada, Fernando aa.vv.  2002

Idioma: Galego-Castelá-Inglés

Paxinas: 327

Tamaño: 21×15 cm

ISBN: 1577-9688

SKU: OM000002 Categoría:

Descripción

Se no número anterior falabamos de Obxecto como froito, produto ou depósito de enerxía, con Corpo falamos da enerxia mesma, do vivo e da sua forma.

O Obxecto pasa a ser visto como un producto para o corpo, seu alimento. Un Corpo tragando ou con inscrustacións é un Corpo en fase de reciclaxe.

Qulzais ese sexa hoxe o seu estado natural, estendido en próteses mediáticas ou escondido detras dun vestido, cada vez máis necesitado, máís asistido.

Corpo-máquina, Corpo-político, Corpo-social, Corpo-obra de arte, Corpo-forma orgánica, Corpo-sen-órganos… todos estes compostos teñen xerado unhas crises sucesivas que non se teñen detido nunca, ata chegar á vanescencia absoluta do Corpo no actual mundo de redes. Cada unha destas crises, desde a perda do antropocentrismo ata as crises de identidade características do cosmopolitismo, xerou unha reconsideración do corpo.

Esta monografía detense no Corpo como intermediario e resposta ás crises máis que como a súa constatación: fronte a enfermidade, a tecnoloxía; fronte o ideal plástico fabricado, a vellez; fronte a perda do dato corporal, a nudez; fronte a imaxe oscura, a imaxe pregnante; fronte ó panóptico, o movemento libre; e fronte a rixidez productiva, a adaptabilidade ou o soño.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “MONOGRAFÍAS 1: CORPO”