Descripción
Obradoiro 36: Urbanidades, propón unha mirada transversal sobre os modos de habitar e construír o territorio galego. Galicia é unha realidade extensa, fragmentada e complexa. Cidades e vilas, periferias e aldeas, infraestruturas e espazos produtivos conforman un mesmo sistema territorial. As categorías de urbano e rural mestúranse e xa non son dabondo para explicar como habitamos. Neste contexto, construír urbanidades significa construír relacións: entre persoas e lugares, entre vivenda e espazo colectivo, entre infraestruturas e vida cotiá, entre cidades e territorios.
Prospectivas II: Urbanidades observa as transformacións que están a modificar as formas nas que vivimos xuntos e propón catro accións para avanzar no noso futuro urbano: Reforzar, Conectar, Idear e Revelar. Son catro maneiras de recoñecer o que xa existe, establecer novas elacións e imaxinar outras posibilidades. A través delas des velamos estratexias para tratar a fragmentación territorial, as novas mobilidades, a crise da vivenda, o auxe do turismo, os cambios demo gráficos e os novos modelos de asentamento. Para afrontar estes temas, Obradoiro 36 reivindica o urbanismo como unha práctica colectiva, xa que o futuro urbano de Galicia non dependerá unicamente de como medren ou se transformen as súas cidades, senón da nosa capacidade para construír as urbanidades que queremos habitar.
Editores:
Manuel Bouzas, María Fandiño, Roi Salgueiro e Teresa Sánchez.




